O IX Tapicheo de Sarria premiou a calidade e a fidelidade

• A novena edición do Tapicheo de Sarria deu a coñecer os nomes dos establecementos e dos consumidores galardoados. A calidade das tapas e a fidelidade dos clientes obtiveron un recoñecemento en forma de diversos premios. En canto aos hosteleiros, o xurado profesional outorgou o primeiro premio na categoría de tapa tradicional á Cafetería Central, por «Algo da nosa terra», mentres que Milola levou o segundo premio con «Croqueta picante sobre marmelada de pemento», e o terceiro foi para Cervecería D’Pont coa «Sopa de allo con ameixa». Na modalidade de tapa innovadora, o primeiro premio correspondeu a Don Pepe, con «Pintxo crocante de chourizo e xamón con crema de queixo», e o segundo foi para «Anduriñas con fror de outono», mentres que o terceiro correspondeu a Hotel Alfonso IX, con «Tataki de robaliza con cebola caramelizada e pan de pistachos».

PREMIOS AO CLIENTE

En canto aos consumidores, o sorteo das tarxetas de votación premiou a Eliseo López Páramo cun bono regalo para canxear por unha viaxe, dentro da categoría de percorrido completo polos 28 establecementos participantes no Tapicheo’15. Na modalidade de percorrido mínimo de 15 establecementos, repartíronse un total de 12 premios, que inclúen catro ceas para dúas persoas en O Descanso, El Parisién, Travesía dos Soños e 8MM; unha cea para catro persoas en Milola; unha comida para dúas persoas en 14cerotres; dúas hamburguesas Big Next en Cafetería Big Next; tres lotes de dúas botellas de licor de herbas por cortesía de D’Orixen; un lote de bebidas de Taberna Pili; e unha noite con aloxamento e almorzo no Hotel Alfonso I de Sarria.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

10 finalistas do II Concurso de Proxectos Empresariais Semente de Monforte

Seguinte Nova

Monforte, presente no acto de concesión da nacionalidade española aos sefardíes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: