Os monfortinos The Poet’s Silence presentan o seu primeiro CD

O concerto-presentación do primeiro CD de The Poet’s Silence será o 28 de decembro na Casa da Cultura de Monforte. (Foto:  The Poet’s Silence).
O concerto-presentación do primeiro CD de The Poet’s Silence será o 28 de decembro na Casa da Cultura de Monforte. (Foto:
The Poet’s Silence).

• Xa empezou a conta atrás para a presentación en Monforte do primeiro CD do grupo The Poet’s Silence.

O 28 DE DECEMBRO EN MONFORTE

Este grupo monfortino, que arrincou a súa traxectoria en 2009, ofrecerá un concerto o 28 de decembro na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte. Esta formación musical, que se define no seu facebook dentro do hard rock/heavy metal, pasou por diversos estadíos en canto á composición da banda. En 2011 ofreceron unha xira por Galicia, tocando en Santiago, Vigo, Ourense, A Coruña e Monforte, e despois de varias incorporacións volveron xirar en 2014 por diversas salas de Galicia. Na actualidade, The Poet’s Silence conta con Javi na batería e percusión, Sergio en voz, Xurxo na guitarra, Anxo nos teclados e guitarra, e David ao baixo.

O disco grabouse en Lornís, con mezcla e masterización nos estudios Distrito Federal de Oviedo, a cargo de Dani Sevillano. O CD estará á venda no concerto do día 28, e a entrada será de 3 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte recuperou a feira Artelemos para dar a benvida ao Nadal

Seguinte Nova

Adriano López, “modelo do ano” para a revista Egalité

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: