Teatro escrito para fomentar a reciclaxe, na Casa da Xuventude de Chantada

A presentación do libro tivo lugar na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).
A presentación do libro tivo lugar na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).

O día 7 de decembro, a Casa da Xuventude de Chantada foi o escenario da presentación do libro «Lingua de lata», asinado a catro mans por Francisco Oti Ríos e Julio Fernández. Ambos autores teñen atrás un amplo percorrido no mundo do teatro, como xestores, directores e autores de diversas pezas.

O libro «Lingua de lata» é unha peza teatral adicada ao público infantil, que recolle as aventuras dun neno e dun avión no medio dun vertedoiro de obxectos deteriorados, sobre todo electrodomésticos e aparellos de novas tecnoloxías. A mensaxe do libro trata de chegar aos máis novos, para conciencialos sobre os riscos do consumismo, e a necesidade de optar pola reciclaxe dos nosos obxectos cotiás.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeira sesión deste curso no Clube de Lectura do IES Xograr Afonso de Sarria

Seguinte Nova

O sur de Lugo celebra o Nadal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: