
• Entre as medidas de impulso ao sector, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou este mes un convenio de colaboración cos presidentes da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e das Asociacións Agatur, Agarimo e Pazos de Galicia. O obxectivo é dar continuidade ao servizo de reservas de aloxamentos de turismo rural de Galicia durante o ano 2016 dunha maneira máis competitiva. Según este convenio, a coordinación e funcionamento desta central de reservas pasará a estas catro asociacións, tarefa que viña desenvolvendo a Xunta.Nava Castro destacou a importancia do turismo rural para Galicia, que ofrece máis de 7.000 prazas, e inclúe o 49% dos establecementos con distintivo de calidade deste sector que hai en España.•
• Según os últimos datos do INE, a demanda turística nos establecementos rurais de Galicia, Galicia rexistrou o pasado ano unha mellora notable neste eido, superando nun 21,6% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 16,2% o nivel de pernoitas do mesmo período do 2014. Este segmento acadou en 2015 un máximo histórico de volumen de viaxeiros aloxados nun ano non Xacobeo, con máis de 181.000.