
• Turismo de Galicia presentou este mes unha nova aplicación móbil de realidade aumentada, que servirá tanto ao turista potencial que queira visitar a nosa Comunidade como ao viaxeiro que xa se atope en Galicia. Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a aplicación permite coñecer de antemán a localización e información de aloxamentos, restaurantes, artesanía, museos ou oficinas de turismo, entre outros puntos de interés turístico. Ademais, ofrece información de interese sobre os recursos que están preto da posición do viaxeiro que xa está en Galicia, mediante a xeolocalización. Os responsables autonómicos afirmaron que esta nova app actualiza a aplicación xa existente de Turismo de Galicia para dispositivos móbiles.•