Primeiras incidencias por neve na provincia de Lugo

Unha das primeiras actuacións do operativo invernal da Deputación neste inverno, durante as nevadas rexistradas o pasado 5 de xaneiro. GPDL.
Unha das primeiras actuacións do operativo invernal da Deputación neste inverno, durante as nevadas rexistradas o pasado 5 de xaneiro. GPDL.

• A neve estreouse en Lugo praticamente coa entrada do ano. Durante a xornada do 5 de xaneiro, víspera de Reis, desenvolvéronse as primeiras actuacións do plan invernal de estradas da Deputación, que ten como finalidade o mantemento dos viais provinciais en condicións aptas para a circulación fronte ás incidencias por neve e xeo.

LIMPEZA DE 88 ESTRADAS PROVINCIAIS NA PRIMEIRA XORNADA DE NEVE DESTE INVERNO

Según informaron dende o organismo provincial, os traballos desenvolvidos durante o día 5 contaron coa participación de 30 operarios e 15 máquinas, para despexar un total de 88 estradas de titularidade provincial, nun total de 14 concellos da montaña e limítrofes. A acumulación de neve e xeo oscilou entre os 5 e os 10 centímetros, sen que se rexistraran cortes viarios. O equipamento técnico contou con 6 quitaneves, 3 pick up, 3 tractores, e 3 vehículos de apoio con material mecánico.

No sur lucense, as incidencias rexistráronse en oito estradas provinciais do concello de Folgoso do Courel, outras nove no municipio de O Incio, catro en Quiroga e unha en Ribas de Sil. Na comarca de Sarria, houbo intervencións en nove estradas de Samos e en catro de Triacastela.

INCIDENCIAS POLO TEMPORAL DE CHUVIA DA PASADA SEMANA

Por outra banda, o temporal de chuvia rexistrado o día 7 de xaneiro deixou un importante corte viario por auga en Xermade, na que foi a primeira incidencia por climatoloxía do ano. Según informaron dende a Deputación, a este municipio desprazouse un operativo de 22 operarios, provistos dunha ducia de unidades móbiles con equipamento especial, para evitar inundacións nas vivendas situadas ao abeiro da LU-P-2202, ao seu paso polo núcleo de Roupar.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo asumirá o 40% dos gastos dos GES

Seguinte Nova

Xunta e Deputación de Lugo actuarán conxuntamente para impulsar os Camiños

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss