Xunta e Deputación de Lugo actuarán conxuntamente para impulsar os Camiños

•Acordaron crear unha mesa de traballo co fin de potenciar as rutas xacobeas ao seu paso pola provincia de Lugo

O acordo para constituír unha mesa de traballo conxunta entre a Xunta e a Deputación tivo lugar en Lugo o pasado 11 de xaneiro. GPDL
O acordo para constituír unha mesa de traballo conxunta entre a Xunta e a Deputación tivo lugar en Lugo o pasado 11 de xaneiro. GPDL

• Os itinerarios xacobeos que discurran pola provincia de Lugo serán obxecto de especial atención por parte das administracións, logo da reunión mantida o día 11 deste mes entre a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos. Na xuntanza, na que estiveron presentes a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o deputado de Promoción Turística e do Territorio, Eduardo Vidal, acordouse crear unha mesa de traballo conxunta entre Xunta e Deputación de Lugo, para potenciar os Camiños a Santiago ao seu paso pola nosa provincia.

PROPOSTA DA XUNTA PARA UNHA MESA ENTRE VARIAS ADMINISTRACIÓNS

Según explicaron os responsables autonómicos, a creación desta mes é unha das medidas incluídas no Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021, que define as liñas xerais e prioritarias para atender, con criterios de excelencia, ao peregrino do ano 2021.

Neste sentido, a delegada de Turismo de Galicia, Nava Castro, trasladou a proposta da Xunta, que implica na mesa de traballo ao Executivo autonómico, á Deputación e aos Concellos. Asimesmo, será esta mesa a encargada de definir as actuacións nos Camiños Primitivo e do Norte, posto que o Camiño Francés xa está a ser xestionado pola Mancomunidade de Municipios correspondente.

DENDE A DEPUTACIÓN PEDIRON INCLUÍR O CAMIÑO DE INVERNO

Pola súa banda, o presidente da Deputación, Darío Campos, propuxo que a mesa fose máis participativa, integrando a axentes públicos pero tamén privados, como establecementos ou asociacións. Campos suxeriu tamén a participación de alomenos un representante da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés.

Outra das propostas presentadas polo presidente da Deputación referiuse á necesidade de incluír nestas accións ao Camiño de Inverno e ao do Mar, coa finalidade de poñer en valor os máis de 800 quilómetros de rutas de peregrinación que supoñen estes dous itinerarios por terras lucenses.

A reunión entre os responsables da Xunta e da Deputación rematou cun acordo entre ambas partes, que terá en conta as propostas presentadas por Darío Campos. De feito, será o organismo provincial o encargado de abrir dita mesa de traballo, na que se impulsarán finalmente as rutas do Camiño do Norte, Primitivo, Francés e de Inverno. Sobre a inclusión do Camiño do Mar, a Xunta comprometeuse a estudiar a proposta presentada por Darío Campos. Pola súa banda, o mandatario provincial entregou a Nava Castro un exemplar do libro titulado «O Camiño do Mar», editado pola Deputación lucense, e que é a única publicación existente ata o de agora sobre esta ruta xacobea que discurre pola Mariña lucense.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Primeiras incidencias por neve na provincia de Lugo

Seguinte Nova

Convenio para potenciar a central de reservas de turismo rural de Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: