235 persoas recibiron formación gratuíta nos cursos da Cruz Roja e Deputación

•Estes cursos serviron para formar a persoas que non poden acceder á formación do INEM por non ter o título de Competencias Clave ou o Celga 3 de galego

Entrega de diplomas aos asistentes aos cursos organizados por Cruz Roja e Deputación de Lugo, a finais de decembro. GPDL
Entrega de diplomas aos asistentes aos cursos organizados por Cruz Roja e Deputación de Lugo, a finais de decembro. GPDL

•A finais de decembro, tivo lugar a entrega de diplomas ao alumnado dos cursos que organizou a Cruz Roja en colaboración coa Deputación de Lugo. Un total de 235 alumnos e alumnas beneficiáronse deste programa de formación gratuíta, deseñado para aquelas persoas que non poden acceder á formación reglada do INEM por non ter o título de Competencias Clave ou o Celga 3 de coñecementos de galego.

Según explicaron dende o organismo provincial, estes cursos permitiron aos participantes adquirir unha formación útil para as tarefas de coidado de persoas maiores que xa realizan, e tamén para enriquecer o seu currículo e acceder a un emprego.

COIDADO DE MAIORES

O curso de «Psicoloxía aplicada ao Envellecemento» contou con oito edicións, e o de «Alimentación, Dietética e Nutrición», tivo sete ao longo da provincia. En total, foron 750 horas de formación nas que participaron 235 persoas, das que máis do 80% eran mulleres, moitas delas maiores de 50 anos e adicadas ao coidado formal ou informal de persoas maiores.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Renovación do convenio entre a Xunta e os produtores de porco celta

Seguinte Nova

A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses cumple 10 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: