A concurso a explotación da cafetería da Praza de Abastos de Monforte

O 28 de decembro pasado, o Concello de Monforte aprobou o prego de condicións do concurso público para a explotación da cafetería da Praza de Abastos. As bases establecen que a cafetería deberá ser un referente que contribúa á dinamización hosteleira e, por outra parte, indican que a oferta de servizos deberá centrarse na gastronomía local.

MELLORAS NAS INSTALACIÓNS E NOS SERVIZOS QUE SE OFRECERÁN

O alcalde de Monforte, José Tomé, destacou as melloras que se fixeron nas instalacións. «Traballamos para solucionar as filtracións de auga, e ademais a cociña conta cun novo mobiliario co que se pretende ofrecer un mellor servizo, e se instalaron mesas novas e tamén estanterías de aceiro». Tomé Roca tamén anunciou que se cambiará a porta de entrada para un maior aislamento térmico no interior.

O alcalde destacou outra das novidades das bases do concurso, que agora permite a instalación de televisión nesta cafetería, o que favorecerá, según Tomé, que esta adxudicación teña máis interés para os hosteleiros. «Antes non se permitían os medios audiovisuais e iso facía que moita xente non se animara a ir, pero agora iso cambiou e coa televisión os clientes poderán ver programas ou seguir os eventos deportivos», precisou Tomé.

O capítulo de novidades péchase coa posibilidade de que este espazo gastronómico poida servir racións, fronte á anterior concesión que só permitía ofrecer pinchos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP esixe ao Concello que presione a Aqualia na atención ás averías

Seguinte Nova

A Xunta destinou 185.104,17 euros aos catro CIM do sur de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Monforte reparará a Ponte Medieval

A actuación permitirá recolocar pezas desprazadas e conservar un ben histórico protexido O Concello de Monforte informou esta pasada semana da contratación
Ir aInicio

Don't Miss