
•O 27 de outubro de 2006, a UNESCO facía público o recoñecemento do espazo natural dos Ancares lucenses como Reserva da Biosfera. Con motivo do décimo aniversario desta declaración, o órgano reitor da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá anunciou unha serie de actividades para celebrar esta efeméride.
CELEBRACIÓN CON IDEAS DA CIDADANÍA
Según explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, durante a reunión deste órgano, a programación abrirase á participación cidadá, que poderá enviar as súas ideas ao enderezo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.
Ademais, xa hai deseñadas diversas actividades, como a elaboración dun Catálogo Aberto do Patrimonio Inmaterial das Reservas da Biosfera españolas, ou a participación no proxecto «Recetas da Biosfera», para poñer en valor a gastronomía dos Ancares. Tamén están previstas iniciativas vinculadas ao cultivo ecolóxico de especies vexetais autóctonas de Galicia, orientadas ao desenvolvemento rural.•