A Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses cumple 10 anos

O presidente da Deputación, Darío Campos, na reunión do órgano reitor da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. GPDL
O presidente da Deputación, Darío Campos, na reunión do órgano reitor da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. GPDL

•O 27 de outubro de 2006, a UNESCO facía público o recoñecemento do espazo natural dos Ancares lucenses como Reserva da Biosfera. Con motivo do décimo aniversario desta declaración, o órgano reitor da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá anunciou unha serie de actividades para celebrar esta efeméride.

CELEBRACIÓN CON IDEAS DA CIDADANÍA

Según explicou o presidente da Deputación, Darío Campos, durante a reunión deste órgano, a programación abrirase á participación cidadá, que poderá enviar as súas ideas ao enderezo electrónico ancareslucenses@deputacionlugo.org.

Ademais, xa hai deseñadas diversas actividades, como a elaboración dun Catálogo Aberto do Patrimonio Inmaterial das Reservas da Biosfera españolas, ou a participación no proxecto «Recetas da Biosfera», para poñer en valor a gastronomía dos Ancares. Tamén están previstas iniciativas vinculadas ao cultivo ecolóxico de especies vexetais autóctonas de Galicia, orientadas ao desenvolvemento rural.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

235 persoas recibiron formación gratuíta nos cursos da Cruz Roja e Deputación

Seguinte Nova

ACES-Sarria entregou os vales de compra aos gañadores da campaña de Nadal 2015

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: