A Xunta destinou 185.104,17 euros aos catro CIM do sur de Lugo

• A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, concedeu un total de 185.104,17 euros en axudas para os catro Centros de Información á Muller (CIM) que operan no sur de Lugo. En concreto, a partida destinada ao CIM de Sarria foi de 67.911,75 euros, mentres que a do CIM de Monforte ascendeu a 40.636,65 euros. Pola súa banda, o centro de Chantada recibiu unha achega de 39.422,6 euros, e o de Quiroga contou con 37.133,17 euros.

A XESTIÓN COMPARTIDA DOS CIM PERMITE ATENDER A MÁIS USUARIAS EN MÁIS TERRITORIO

Según explicaron a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, as axudas concedidas en 2015 aos CIM da nosa provincia incrementáronse nun 27% respecto ás subvencións do ano anterior. Asimesmo, destacaron o feito de que a maioría das solicitudes foron presentadas conxuntamente por agrupacións de municipios. Tanto López Abella como Arias suliñaron que esta xestión compartida supón un avance que permite atender máis territorio e a máis potenciais usuarias no ámbito desta provincia. Ademais de eficiencia, este sistema de xestión permite dispoñer de partidas maiores para atender ás necesidades destes Centros de Información á Muller.

No sur de Lugo, os catro CIM contaron en 2015 con axudas solicitadas por agrupacións de municipios. No caso de Chantada, este municipio solicitou a subvención xunto aos de Carballedo e Taboada. Monforte de Lemos fixo o propio cos restantes concellos da comarca de Lemos, e o concello de Quiroga presentou a solicitude para o seu CIM xunto ao municipio de Ribas de Sil. Por último, a solicitude para a axuda do CIM de Sarria foi xestionada conxuntamente por Sarria, Láncara, O Páramo, Paradela e Samos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A concurso a explotación da cafetería da Praza de Abastos de Monforte

Seguinte Nova

Primeiros pasos para o distintivo protexido Pan Galego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss