
•Un total de sete institutos de ensino secundario (IES) do sur de Lugo contarán cunha partida global de 6.090 euros da Xunta para financiar as actividades dos seus clubes de lectura.
REPARTO POR CENTROS
En Chantada, o IES Lama das Quendas recibirá 1.050 euros para esta actividade, e en Monforte o IES A Pinguela percibirá 1.100 euros, 700 euros o IES Daviña Rey, e 850 o IES Río Cabe. A partida que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina ao IES Quiroga será de 940 euros, mentres que para os centros de secundaria de Sarria o reparto será de 900 euros para o clube de lectura do IES Xograr Afonso, e de 550 euros para a mesma actividade no IES Gregorio Fernández.
MÁIS DE 200 CLUBES EN GALICIA
Na provincia de Lugo, son 35 os centros de ensino secundario que recibirán axudas da Consellería para desenvolver as iniciativas de dinamización da lectura. En Galicia, os centros beneficiados serán 239.
ESPAZOS PARA A CULTURA E A CONVIVENCIA
Según lembraron dende a Consellería, os clubs de lectura funcionan como un espazo integrador e de encontro no que alumnado, nais, pais e membros da comunidade educativa poden intercambiar opinións e experiencias lectoras. Ademais, fomentan a convivencia harmónica no seo da comunidade educativa.
NOVOS FORMATOS DE LECTURA E NARRATIVA DIXITAL
Asimesmo, os clubes de lectura dan a oportunidade de descubrir novos soportes de lectura dixital, dispositivos electrónicos e novas narrativas como os blogues ou as redes sociais.•