•As monfortinas acadaron este exitoso resultado na proba disputada en Guadalajara a finais de decembro
• O equipo cadete feminino do Club Voleibol Ribeira Sacra conseguiu a medalla de bronce da Copa de España disputada en Guadalajara a finais de decembro.
En recoñecemento a este logro do equipo comandado por Manolo Martínez, o Concello de Monforte agasallou á formación deportiva cunha recepción oficial o pasado 5 de xaneiro. No acto, o alcalde, José Tomé, gabou «a calidade o esforzo» que amosa este clube, e fixo entrega dunha placa conmemorativa a cada xogadora e aos membros do corpo técnico.•