Espertamonforte pedirá no vindeiro Pleno pasar as subvencións nominativas ao réxime de concorrencia competitiva

•O grupo municipal de Espertamonforte anunciou que levará ao vindeiro Pleno unha moción sobre a necesidade de substituír as subvencións nominativas por subvencións en réxime de concorrencia competitiva.

CRÍTICA AO SISTEMA DE OUTORGAMENTO DAS ACHEGAS

Según explicaron dende Espertamonforte, na proposta de orzamentos municipais para 2016 figura a tradicional partida destinada a subvencións nominativas. Espertamonforte considera que este tipo de achegas, «ao contrario que as outorgadas en concorrencia competitiva, son asignadas a dedo, sen cumprir os principios básicos de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia, recollidos tanto na Lei Xeral de Subvencións, de carácter estatal, como na lei de subvencións de Galicia».

Dende o grupo municipal de Espertamonforte non cuestionan nin a existencia das subvencións nin os importes, xa que consideran as achegas «fundamentais para que as asociacións e entidades poidan continuar coa súa labor». A crítica desta formación política vai dirixida contra «o sistema para outorgalas, que consideramos inxusto e pouco transparente».

Os voceiros de Espertamonforte precisaron que o importe destinado a este tipo de subvencións nos orzamentos para 2016, que ascende a 183.625 euros, «é superior aos cartos que destina o Concello ao fomento do emprego, fixado en 49.802,05, e a prestación a desempregados, dotado con 119.958,15 euros. Según estes datos, Espertamonforte considera que a partida para subvencións «é unha cantidade suficientemente importante como para ser asignada deste xeito».

Na moción que presentarán no vindeiro Pleno, a formación de Espertamonforte instará ao equipo de Goberno a que modifique o procedemento destas axudas, e a facer públicos os criterios empregados para outorgalas.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Oito parroquias contarán este mes cun novo pedáneo

Seguinte Nova

Lugo, a segunda provincia galega en inspeccións e denuncias por ventas de alcohol a menores en 2015

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: