Lugo, a segunda provincia galega con máis vacinacións contra a gripe en maiores de 65 anos

O 57% dos maiores de 65 anos lucenses vacináronse contra a gripe na campaña de 2015. Arquivo EC
O 57% dos maiores de 65 anos lucenses vacináronse contra a gripe na campaña de 2015. Arquivo EC

•A campaña de vacinacións contra a gripe que puxo en marcha o Sergas no último trimestre de 2015 completouse cun total de 478.621 persoas vacinadas en toda Galicia, das que un 54,27% corresponden a maiores de 65 anos. Esta cifra supón un aumento de dous puntos porcentuais respecto á campaña anterior.

Por grupos de risco e provincias, Ourense encabezou as vacinacións en maiores de 65 anos, cun 59%, seguida por Lugo, cun 57%, A Coruña cun 53%, e Pontevedra cun 52%. En canto ao persoal sanitario, o de atención primaria rexistrou un 33% de vacinacións, e na atención especializada os vacinados foron o 19%.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O club Neka de Monforte estrea o ano cunha competición internacional

Seguinte Nova

Algo máis de 6.000 euros da Xunta para os 7 clubes de lectura dos institutos do sur lucense

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss