Lugo, a segunda provincia galega en inspeccións e denuncias por ventas de alcohol a menores en 2015

• Durante o pasado ano 2015, o Grupo de Menores da Policía Autonómica levou a cabo na provincia de Lugo un total de 1.259 inspeccións a establecementos, das que derivaron 160 denuncias por infraccións á Lei 11/2010 de prevención de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Destas denuncias, 68 foron a establecementos e as outras 92 a menores. Con estas cifras, a nosa provincia sitúase no segundo posto en número de incidencias nesta materia, só por detrás da provincia de A Coruña, na que se realizaron 2.694 inspeccións que derivaron en 190 denuncias,das cales 94 foron a establecementos e 96 a menores.

Pola súa banda, as inspección na provincia de Ourense foron 672, con 64 denuncias, 15 a establecementos e 49 a menores. A provincia con menor número de incidencias foi Pontevedra, con 384 inspeccións, que desembocaron en 124 denuncias, 49 delas contra establecementos e as restantes 75 contra menores.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Espertamonforte pedirá no vindeiro Pleno pasar as subvencións nominativas ao réxime de concorrencia competitiva

Seguinte Nova

Galicia remata 2015 no primeiro posto en número de hoteis certificados coa Q de Calidade Turística

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: