•Este importante evento deportivo adicará a xornada do día 25 de agosto á Ribeira Sacra
• A 71ª edición de La Vuelta 2016 terá carácter galego durante as súas primeiras seis xornadas, según se deu a coñecer en Santiago o pasado 9 de xaneiro na presentación oficial deste evento deportivo. Se a riqueza termal de Ourense será o marco para o arranque do itinerario ciclista, Monforte de Lemos acollerá a saída da sexta etapa, que transcurrirá por terras da Ribeira Sacra ata Luíntra, antes de abandonar Galicia.
PRIMEIRA ETAPA ENTRE BALNEARIO E PARQUE NÁUTICO EN OURENSE
O sábado 20 de agosto iniciarase o percorrido de La Vuelta 2016 dende o ourensán Balneario de Laias, cunha contrarreloxio de 29,4 quilómetros que rematará no parque náutico de Castrelo de Miño. A segunda etapa irá dende Ourense ata Baiona, e o terceiro día o pelotón correrá de Marín ata o Mirador do Ézaro. A cuarta xornada será de Betanzos ata San Andrés de Teixido, e a quinta chegará provincia de Lugo, dende Viveiro ata a capital provincial. A sexta etapa arrincará de Monforte, cun trazado de 163 quilómetros que pasará por Quiroga e levará ao pelotón pola beira do Sil. A organización destacou a beleza da paisaxe da Ribeira Sacra, que ofrecerá aos ciclistas dúas dificultades montañosas, o Alto de Alenza e o Mirador de Cabezoás, antes de rematar en Luíntra.•