•Os deportistas xa entrenan de cara ao campionato internacional que se celebrará na localidade portuguesa de Esposende a comezos de febrero
• Os deportistas do club de taekwondo Neka de Monforte inician o 2016 cunha cita en competición internacional. O vindeiro 6 de febreiro, os monfortinos desprazaranse a Portugal para participar no campionato internacional que se celebra en Esposende.
PRIMEIRA CITA DOS MONFORTINOS NESTA PROBA INTERNACIONAL
Para os de Neka, é a primeira ocasión que disputan esta proba. «Iremos a competir coa selección galega, e tamén por equipos», precisou José Mª Vega, adestrador do club monfortino. Por seleccións, a proba de Esposende está deseñada para deportistas a partir da categoría cadete, polo que estarán dentro do combinado galego os junior Carlos Rey, Álex Camba e José Roca, que competirán individualmente e como trío representando a Galicia.
PARTICIPACIÓN POR EQUIPOS
En canto á participación por equipos, o adestrador do club Neka está a deseñar a plantilla de deportistas coa que concurrirán á cita portuguesa. «Aínda non está pechado nada», suliña Vega, que aspira a levar «ao maior número posible de rapaces e rapazas». En equipos, esta competición inclúe todas as categorías dende prebenxamín. «Todo vai depender, ao final, da disposición que teñan os pais e nais para a viaxe», suliña Vega. O adestrador monfortino, tamén técnico responsable da selección galega, confía en contar con boa parte dos seus deportistas. «Esta é a primeira cita importante do ano», comenta Vega, que espera continuar coa excelente traxectoria conseguida dos últimos tempos. Neste sentido, o 2015 tivo un remate de excepción, xa que en decembro, a Federación Española concedeu a José Mª Vega o 4º Dan de Taekwondo por méritos deportivos.•
Entregan a bici ao gañador do sorteo organizado por Neka
• Roberto Álvarez Ferrera foi o gañador da bicicleta que sorteou o club Neka de Monforte para custear a viaxe ao Campionato de España de decembro en Castellón. O xoven gañador recibiu o seu premio de mans do director do club Neka, José Mª Vega, nun acto celebrado neste ximnasio monfortino o 22 de decembro, logo de coñecerse o número premiado no sorteo da Lotería de Nadal.
Nesta iniciativa recaudatoria, que comezou en novembro pasado, os de Neka puxeron á venda un total de 1.000 rifas, cunha boa acollida.•