O club Neka de Monforte estrea o ano cunha competición internacional

•Os deportistas xa entrenan de cara ao campionato internacional que se celebrará na localidade portuguesa de Esposende a comezos de febrero

A familia deportiva do club Neka de Monforte retoma a competición logo do descanso do Nadal cunha cita en competición internacional. Arquivo EC.
A familia deportiva do club Neka de Monforte retoma a competición logo do descanso do Nadal cunha cita en competición internacional. Arquivo EC.

• Os deportistas do club de taekwondo Neka de Monforte inician o 2016 cunha cita en competición internacional. O vindeiro 6 de febreiro, os monfortinos desprazaranse a Portugal para participar no campionato internacional que se celebra en Esposende.

PRIMEIRA CITA DOS MONFORTINOS NESTA PROBA INTERNACIONAL

Para os de Neka, é a primeira ocasión que disputan esta proba. «Iremos a competir coa selección galega, e tamén por equipos», precisou José Mª Vega, adestrador do club monfortino. Por seleccións, a proba de Esposende está deseñada para deportistas a partir da categoría cadete, polo que estarán dentro do combinado galego os junior Carlos Rey, Álex Camba e José Roca, que competirán individualmente e como trío representando a Galicia.

PARTICIPACIÓN POR EQUIPOS

En canto á participación por equipos, o adestrador do club Neka está a deseñar a plantilla de deportistas coa que concurrirán á cita portuguesa. «Aínda non está pechado nada», suliña Vega, que aspira a levar «ao maior número posible de rapaces e rapazas». En equipos, esta competición inclúe todas as categorías dende prebenxamín. «Todo vai depender, ao final, da disposición que teñan os pais e nais para a viaxe», suliña Vega. O adestrador monfortino, tamén técnico responsable da selección galega, confía en contar con boa parte dos seus deportistas. «Esta é a primeira cita importante do ano», comenta Vega, que espera continuar coa excelente traxectoria conseguida dos últimos tempos. Neste sentido, o 2015 tivo un remate de excepción, xa que en decembro, a Federación Española concedeu a José Mª Vega o 4º Dan de Taekwondo por méritos deportivos.•

Entregan a bici ao gañador do sorteo organizado por Neka

José Mª Vega, director do club Neka, fai entrega da bicicleta ao gañador do sorteo de Nadal, Roberto Álvarez Ferrera, o pasado 22 de decembro.  (Foto cedida).
José Mª Vega, director do club Neka, fai entrega da bicicleta ao gañador do sorteo de Nadal, Roberto Álvarez Ferrera, o pasado 22 de decembro. (Foto cedida).

• Roberto Álvarez Ferrera foi o gañador da bicicleta que sorteou o club Neka de Monforte para custear a viaxe ao Campionato de España de decembro en Castellón. O xoven gañador recibiu o seu premio de mans do director do club Neka, José Mª Vega, nun acto celebrado neste ximnasio monfortino o 22 de decembro, logo de coñecerse o número premiado no sorteo da Lotería de Nadal.

Nesta iniciativa recaudatoria, que comezou en novembro pasado, os de Neka puxeron á venda un total de 1.000 rifas, cunha boa acollida.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As cadetes do Club Voleibol Ribeira Sacra, bronce na Copa de España

Seguinte Nova

Lugo, a segunda provincia galega con máis vacinacións contra a gripe en maiores de 65 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: