•Ata o día 7 deste mes estivo aberta na Casa da Xuventude de Chantada unha mostra fotográfica firmada polo Kolectivo Expresión Sauda, un grupo creativo que traballa en torno ao concepto de ser cidadán do mundo. Afondando na comunicación creativa entre autor e espectador, os membros do Kolectivo Expresión Sauda organizaron o 28 de decembro un recital de guitarra clásica a cargo de Juan Manuel Vázquez Vázquez, profesor de música no IES Lama das Quendas, co que se abriu a exposición.•





