O PP esixe ao Concello que presione a Aqualia na atención ás averías

•O grupo municipal do Partido Popular levará ao vindeiro Pleno unha moción instando ao Goberno local a requerir a Aqualia para que proceda, «coa maior inmediatez», á reparación das averías que se produzan no servizo de abastecemento de auga, así como á reposición do seu entorno, sobre todo cando se trate de vías públicas.

EVITAR RISCOS E MOLESTIAS POLA APERTURA DE GABIAS NAS RÚAS E OUTRAS SUPERFICIES DE TRÁNSITO

Na moción, os populares insisten na importancia de evitar os riscos e as molestias que sufren os veciños pola permanencia «durante largo tempo», de gabias e fochas en rúas e beirarrúas.

Asimesmo, dende o grupo municipal do PP van solicitar que, durante o tempo que permanezan abertas as gabias para os traballos de reparación, estean debidamente sinalizadas para evitar riscos aos viandantes. Neste sentido, a moción dos populares fai referencia expresa ás fochas abertas na rúa Chantada polas obras na rede de abastecemento, que levan abertas e sen avances «dende hai meses». Os populares lembran que esta situación estase a repetir en varios puntos da cidade, como a rúa Corredoira, Escultor Francisco Moure ou no Morín, entre outras.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CB Sarria fomentou un Nadal deportivo e solidario

Seguinte Nova

A concurso a explotación da cafetería da Praza de Abastos de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: