Obradoiros de deseño gráfico e de elaboración de inventos para estrear o ano en Chantada

•O 11 de xaneiro, a Casa da Xuventude de Chantada iniciou a nova andadura das actividades deste ano, no que amplía a súa oferta lúdica.

CONCEPTOS E FERRAMENTAS PARA ADENTRARSE NO DESEÑO GRÁFICO

O centro oferta dende este mes un obradoiro de deseño gráfico, que busca orientar aos participantes nas nocións básicas da linguaxe gráfica, así como os conceptos e o uso das ferramentas CAD. Asimesmo, os participantes iniciaranse no emprego de ferramentas de deseño gráfico vectorial, e de deseño basado en mapas de bits.

ACHEGAMENTO AOS GRANDES INVENTOS DA HISTORIA

Outra das novidades que inclúe a programación da Casa da Xuventude chantadina para 2016 é o obradoiro de elaboración de inventos. O seu obxectivo principal é motivar e fomentar o interese polo entendemento e comprensión do mundo que nos rodea, preparar aos participantes para tomar iniciativas que repercutirán no conxunto da súa vida, e mellorar a toma de decisións na vida cotiá. O obradoiro dará a oportunidade de coñecer as claves sobre as que se basearon os inventores para mellorar a vida da sociedade. A nivel prático, realizaranse os inventos máis importantes da historia, coas súas resolucións matemáticas, físicas e químicas.

IMPULSO PARA NOVOS INVENTORES

Ademais, o obradoiro busca fomentar a creatividade dos participantes, aos que se animará a presentar as súas propias creacións orixinais.•

•CONTINÚAN AS ACTIVIDADES HABITUAIS NA CASA DA XUVENTUDE

Este ano terán continuidade as actividades habituais de pintura ao óleo, cerámica, monicreques ou teatro, entre outras. Arquivo EC.
Este ano terán continuidade as actividades habituais de pintura ao óleo, cerámica, monicreques ou teatro, entre outras. Arquivo EC.

Xunto ás novidades para este ano, xaneiro recupera as actividades de sempre na Casa da Xuventude de Chantada. A programación segue a ofrecer as sesións de pintura ao óleo, e os obradoiros de teatro, cesterámica, reciclaxe, monicreques, step, e enredados na rede.

Todas as actividades, incluídos os novos obradoiros, son gratuítos, e van dirixidos a persoas entre 10 e 30 anos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acollerá a saída da sexta etapa de La Vuelta 2016

Seguinte Nova

Monforte comenza o ano sen acordo para aprobar os orzamentos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: