•A ocupación media dos establecementos da Ribeira Sacra que abriron durante o periodo de Nadal foi do 56%, según os datos publicados polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este organismo valorou positivamente estas cifras, xa que supoñen un incremento respecto ás ocupacións rexistradas durante o Nadal de 2014.
MÁIS OCUPACIÓN EN NADAL E NOITEVELLA
Por datas, os días 24 e 25 de decembro acadaron o pico de maior demanda de visitantes, cun 84% de prazas ocupadas. Tamén sumaron un alto índice de ocupación os días de Noitevella e Aninovo, 31 de decembro e 1 de xaneiro, cun 79% das prazas cubertas.
EN REIS ABRIRON MENOS ESTABLECEMENTOS
Estas porcentaxes descenderon no último festivo da tempada de Nadal, a noite de Reis, que rexistrou un 52% de ocupación. Dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra puntualizaron que esta data conta tradicionalmente cun menor número de establecementos abertos respecto ás fechas de decembro.•
A Ribeira Sacra estará presente na Feira FITUR por oitavo ano consecutivo
•O vindeiro 21 de xaneiro, terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2016 de Madrid a presentación «Un toque de color en Ribeira Sacra», no stand de Galicia. O acto contará coa presencia do presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e a directora xeral de Turismo, Nava Castro.
A Feira FITUR desenvolverase do 20 ao 24 de xaneiro, coa participación de máis de 9.400 empresas e 125.000 profesionais de todo o mundo.•