Ocupación media do 56% nos establecementos da Ribeira Sacra en Nadal

O patrimonio cultural funciona como un dos principais motores do turismo da Ribeira Sacra. EC
O patrimonio cultural funciona como un dos principais motores do turismo da Ribeira Sacra. EC

•A ocupación media dos establecementos da Ribeira Sacra que abriron durante o periodo de Nadal foi do 56%, según os datos publicados polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. Este organismo valorou positivamente estas cifras, xa que supoñen un incremento respecto ás ocupacións rexistradas durante o Nadal de 2014.

MÁIS OCUPACIÓN EN NADAL E NOITEVELLA

Por datas, os días 24 e 25 de decembro acadaron o pico de maior demanda de visitantes, cun 84% de prazas ocupadas. Tamén sumaron un alto índice de ocupación os días de Noitevella e Aninovo, 31 de decembro e 1 de xaneiro, cun 79% das prazas cubertas.

EN REIS ABRIRON MENOS ESTABLECEMENTOS

Estas porcentaxes descenderon no último festivo da tempada de Nadal, a noite de Reis, que rexistrou un 52% de ocupación. Dende o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra puntualizaron que esta data conta tradicionalmente cun menor número de establecementos abertos respecto ás fechas de decembro.•

A Ribeira Sacra estará presente na Feira FITUR por oitavo ano consecutivo

Imaxe de arquivo do stand de Galicia nunha recente edición de Fitur. Esta importante feira internacional de turismo  reunirá a máis de 9.400 empresas e 125.000 profesionais. Arquivo EC.
Imaxe de arquivo do stand de Galicia nunha recente edición de Fitur. Esta importante feira internacional de turismo reunirá a máis de 9.400 empresas e 125.000 profesionais. Arquivo EC.

•O vindeiro 21 de xaneiro, terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Turismo (FITUR) 2016 de Madrid a presentación «Un toque de color en Ribeira Sacra», no stand de Galicia. O acto contará coa presencia do presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e a directora xeral de Turismo, Nava Castro.

A Feira FITUR desenvolverase do 20 ao 24 de xaneiro, coa participación de máis de 9.400 empresas e 125.000 profesionais de todo o mundo.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada impulsa o seu tecido asociativo co proxecto LoCalidade

Seguinte Nova

Monforte acollerá a saída da sexta etapa de La Vuelta 2016

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: