Oito parroquias contarán este mes cun novo pedáneo

•O alcalde de Monforte retoma a ronda de nomeamentos, logo de que voten os veciños nos respectivos locais sociais

•A parroquia monfortina de As Nocedas foi a primeira convocada este ano para elixir ao seu novo alcalde pedáneo. O alcalde de Monforte, José Tomé, recuperou a ronda de nomeamentos que comezara o último trimestre do pasado ano, e que estivo paralizado por mor das festividades do Nadal.

CALENDARIO DE XANEIRO POR PARROQUIAS

Logo da cita electoral de As Nocedas, celebrada o martes día 12, o proceso municipal continuou no Chao de Fabeiro, o día 13, e na Santa Mariña, o xoves 14. Según precisaron dende o Concello de Monforte, o calendario para a elección e nomeamento dos alcaldes pedáneos van seguir durante toda a vindeira semana. O luns 18 de xaneiro votarase en Reigada, e nos días sucesivos en A Vide, Seoane, Caneda e Vilamarín. Dende o Concello convocan a todos os veciños maiores de idade a votar no seu local social a partir das 20 horas. O voto é secreto, e serán elixibles os candidatos e candidatas que se presenten

Con este proceso, o alcalde, José Tomé, fai uso da potestade que lle permite a lei para nomear representantes da Alcaldía, que servirán para canalizar as demandas do medio rural, e para informar á veciñanza dos proxectos municipais en cada unha das parroquias. O 29 de outubro, o Concello puxo fin por decreto ao desempeño dos anteriores pedáneos.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Kolectivo Expresión Sauda amosou en Chantada o seu concepto creativo de cidadán do mundo

Seguinte Nova

Espertamonforte pedirá no vindeiro Pleno pasar as subvencións nominativas ao réxime de concorrencia competitiva

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss