Renovación do convenio entre a Xunta e os produtores de porco celta

•Anunciaron un novo acordo para o periodo 2016-2019 por un total de 320.000 euros

Imaxe da reunión, celebrada en Santiago a finais de decembro, entre a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o presidente de ASOPORCEL, José Antonio Carril. CMR
Imaxe da reunión, celebrada en Santiago a finais de decembro, entre a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o presidente de ASOPORCEL, José Antonio Carril. CMR

•A Xunta e os produtores de porco celta van renovar a súa colaboración ata 2019, a través da sinatura dun convenio por importe de 320.000 euros. Así o acordaron na súa reunión a finais de decembro pasado a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, e o presidente da Asociación de criadores de gando porcino celta (ASOPORCEL), José Antonio Carril. Este convenio terá como obxectivo apoiar as iniciativas deste colectivo para a recuperación, conservación e fomento do porco celta, a única raza porcina orixinaria de Galicia.

80.000 EUROS ANUAIS DA XUNTA ATA 2019

Según este acordo, a Consellería de Medio Rural aportará en cada anualidade do periodo 2016-2019 un total de 80.000 euros, que servirán para financiar parcialmente as actividades desenvolvidas por ASOPORCEL. Pola súa banda, a asociación comprométese a custear o importe restante.

MANTEMENTO DESTA RAZA AUTÓCTONA

Con este convenio, a asociación de criadores será a encargada de seguir coa realización do inventariado, caracterización e avaliación dos censos da raza Porco Celta. Ademais, manterá o asesoramento na selección e mantemento da variabilidade xenética dos rabaños, realizando un estudo da raza e as súas potencialidades enfocado cara aos novos modelos de produción e comercialización.

APOIO TÉCNICO E CIENTÍFICO PARA ESTES TRABALLOS

Pola súa parte, a Consellería participará activamente en todas as actuacións do convenio, custodiando os bancos xenéticos da raza e realizando as probas necesarias no laboratorio do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Asimesmo, facilitará a ASOPORCEL a información das súas bases de datos que sexa necesaria para o desenvolvemento dos traballos.

DIVULGACIÓN E PROMOCIÓN

Ambas entidades deberán divulgar as aptitudes desta raza autóctona en perigo de extinción, así como os valores comerciais dos seus produtos. Tamén garantirán a accesibilidade aos inventarios de recursos xenéticos da raza por parte dos criadores.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Casino de Chantada pechou o ano cunha intensa actividade

Seguinte Nova

235 persoas recibiron formación gratuíta nos cursos da Cruz Roja e Deputación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss