• O ano 2015 foi un dos máis cálidos e secos da historia reciente de Galicia, según se amosa no balance meteorolóxico publicado polo Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
NIVEIS DE CALOR E DE CHUVIA
En 2015, a temperatura media foi de 14,4 graos centígrados, un grao por encima da media climática, o que o converteu nun dos cinco anos máis cálidos das últimas tres décadas. Os meses fríos non o foron especialmente, pero os cálidos si acadaron niveis elevados. Abril, xuño, novembro e decembro superaron en máis de dous graos a temperatura media habitual, e incluso abril e decembro estiveron máis de tres graos por riba da media.
Ademais, as precipitacións globais situáronse un 26% por debaixo dos valores normais. A precipitación media foi de 982 litros por metro cadrado, unha situación que non se daba desde 2007. Cabe destacar que o mes de xuño foi moi seco, con precipitacións un 70 por cento por debaixo dos valores habituais.•