• A mediados de xaneiro, a Xunta licitou o contrato de limpeza de sendas e marxes en tramos fluviais seleccionados nas catro provincias galegas, por un importe de 368.977 euros. Esta cantidade está cofinanciad nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) para Galicia 2014-2020. En total, actuarase en 431,31 quilómetros, dos que 114,2 corresponden á provincia de Lugo, a segunda detrás de A Coruña en superficie obxecto de limpeza. Os traballos consistirán na roza selectiva en sendeiros e postos de pesca, eliminación de especies exóticas e invasoras, podas e retirada de restos vexetais e doutra procedencia.
Na zona sur, os tramos que se van limpar son: dende A Ponte de Esperante en Folgoso do Courel ata a desembocadura do Regato Ferreiros de Abaixo ou Rego da Veiga neste mesmo concello; en Láncara, dende a Pasarela de Carballal ata a Ponte de Marzán, e dende a Ponte de Valdriz ata a da estarda Lugo-Sarria; en Samos, dende a Ponte da Retorta ata a de Santalla de Abaixo; dende a Ponte da Balsa en Triacastela ata a Ponte da Capela do Ciprés en Samos; dende a Ponte da Veiga de Reiriz en Samos ata a de Fafián en Sarria; edende a Ponte de Céltigos ata a do ferrocarril en Sarria. •