A Xunta reforza o parque móbil da policía de Monforte

•O Concello recibiu unha das 14 motocicletas que a Xunta entregou este mes a outros tantos concellos

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Pontevedra as novas motocicletas para a Polícia Local de 14 concellos. GPXG
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou en Pontevedra as novas motocicletas para a Polícia Local de 14 concellos. GPXG

• Monforte de Lemos foi un dos 14 concellos galegos que a mediados de xaneiro recibiron da Xunta unha nova dotación para o parque móbil da Polícia Local. Nesta ocasión, a Xunta entregou un total de 14 motocicletas, nun acto que tivo lugar en Pontevedra o pasado día 15.

MÁIS MOBILIDADE POLICIAL

Según explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a entrega deste material reforza a colaboración entre a Xunta e os concellos para a mellora dos servizos de seguridade e de xestión de emerxencias de Galicia. Rueda destacou a importancia desta dotación, que permite mellorar os medios técnicos e a mobilidade policial, e polo tanto prestar un servizo mellor e máis rápido á cidadanía.

O Executivo galego leva entregado nos últimos meses un total de 26 motocicletas e 55 vehículos, a través dunha liña de subvencións dotada de máis de un millón de euros.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte esixe máis seguridade vial

Seguinte Nova

Arranxos na pasarela da contorna do asilo de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss