Ata o 25 de febreiro para inscribirse na UNED Senior de Sarria

•O 23 de febreiro dará comezo o segundo semestre da UNED Senior en Sarria. Este programa está dirixido a persoas maiores de 55, interesadas en enriquecer os seus coñecementos, sen importar a formación académica que posúan. O prezo de inscrición é de 45 euros por materia. Dende o día 23 deste mes está aberto o prazo de inscrición, que rematará o día 25 de febreiro, ou até que se completen as prazas.

CLASES PRESENCIAIS

As clases, en modalidade presencial, desenvolveranse na Casa da Cultura, situada na rúa Marqués de Ugena s/n. As asignaturas que se imparten neste segundo semestre son Inglés, os martes de cinco a sete da tarde, a cargo da profesora Sally Danuta Hernández Arias, e Patrimonio Histórico, os xoves de cinco a sete da tarde, a cargo do profesor Jaime Álvarez Vilariño. Os interesados poden obter máis información e tamén inscribirse na OMIX do Concello de Sarria, e no teléfono 982 535 000.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Acordes solidarios máis aló do Nadal

Seguinte Nova

A Xunta autorizará cursos online para fitosanitarios

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: