
• A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse a mediados de xaneiro cos delegados territoriais da Xunta nas catro provincias, para avaliar a execución do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2007-2013. Galicia acadou un alto grao de execución, de case o 94% do total dos fondos Feader, por riba dos niveis acadados por outras comunidades como Andalucía ou Extremadura. Os responsables da Consellería explicaron que os niveis de execución en Galicia non foron maiores debido, según precisaron, a que o grao de tramitación foi moi baixo no bienio 2007-2008, cun 29,6% no primeiro ano, e tan só un 9,5% no segundo. Outra das causas que apuntaron dende Medio Rural foron as renuncias «significativas» de cofinanciamento privado, debidas á crise económica.•