Galicia executou en case o 94% os fondos Feader do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013

Reunión en Medio Rural entre a conselleira e os delegados territoriais da Xunta nas catro provincias. GPXG.
Reunión en Medio Rural entre a conselleira e os delegados territoriais da Xunta nas catro provincias. GPXG.

• A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse a mediados de xaneiro cos delegados territoriais da Xunta nas catro provincias, para avaliar a execución do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2007-2013. Galicia acadou un alto grao de execución, de case o 94% do total dos fondos Feader, por riba dos niveis acadados por outras comunidades como Andalucía ou Extremadura. Os responsables da Consellería explicaron que os niveis de execución en Galicia non foron maiores debido, según precisaron, a que o grao de tramitación foi moi baixo no bienio 2007-2008, cun 29,6% no primeiro ano, e tan só un 9,5% no segundo. Outra das causas que apuntaron dende Medio Rural foron as renuncias «significativas» de cofinanciamento privado, debidas á crise económica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta limpará 114,2 quilómetros de sendas e marxes fluviais na provincia de Lugo

Seguinte Nova

O Alfa Auriga CB Sarria consigue a clasificación para a segunda fase de 1ª División

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: