Nove xogadoras do Club Voleibol Ribeira Sacra, convocadas pola selección galega

A selección galega de Voleibol vén de iniciar as primeiras xornadas de tecnificación, para perfilar os equipos que representarán a Galicia nas competicións nacionais de categoría feminina infantil e cadete.

O Club Voleibol Ribeira Sacra terá unha importante presenza nesta andaina inicial dos combinados galegos, ao lograr subir a nove xogadoras para as xornadas preparatorias. Así, Olalla López, Aitana Castañer, Eva Rodríguez, María Rodríguez, e Andrea Blanco foron convocadas coa preselección galega cadete. Pola súa banda, na modalidade infantil, as xogadoras do Ribeira Sacra que estarán nas xornadas técnicas da selección galega son Carolina Camino, Nerea González, Sofía Pérez e Cristina Calvo.

Con este logro, o Club Voleibol Ribeira Sacra continúa co seu exitoso itinerario deportivo, logo de acadar hai un mes a medalla de bronce na Copa de España na categoría cadete.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CB Chantada resiste no medio da táboa

Seguinte Nova

O Neka afronta a tempada con intensos adestramentos cara a primeira cita de competición

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: