O Alfa Auriga CB Sarria consigue a clasificación para a segunda fase de 1ª División

•O equipo senior masculino rematou a primeira fase nun excelente tercer posto •Na penúltima xornada, o Alfa Auriga volveu repetir a victoria no derbi lucense que xa lograra en primeira volta

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O Alfa Auriga CB Sarria disputará a segunda fase da liga de 1ª División masculina de baloncesto, ao completar unha exitosa primeira fase no terceiro posto da táboa.

VICTORIAS AXUSTADAS EN IDA E VOLTA CONTRA O ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA

No seu debut en primeira, os sarriaos veñen de pechar un percorrido moi satisfactorio, que inclúe as victorias de ida e volta no derbi lucense contra o Estudiantes Lugo Leyma Natura. Se no partido inicial o resultado en Lugo foi de 53-60, o duelo na casa saldouse tamén a favor dos sarriaos por 54-46, partido no que Pernas alzouse como o máximo anotador dos locais, e Vázquez dos visitantes.

CLARO TRIUNFO NO ÚLTIMO PARTIDO DA PRIMEIRA FASE

O partido clave contra o CD Recimil Ferrol, disputado o sábado 23 de xaneiro, sumou outra victoria para o Alfa Auriga CB Sarria. Un claro triunfo por 51-70 en terras ferrolás apuntalou a boa temporada dos sarriaos, que rematan este ciclo con oito victorias e seis derrotas. Deste xeito, pasan á segunda fase entre os catro primeiros equipos da zona norte Coruña-Lugo.

Na segunda fase da liga de 1ª división, o Alfa Auriga afrontará unha competición a nivel autonómico, con rivais como o CB Culleredo, Baloncesto Cambre ou Escola Basket Xiria de Carballo. Fronte a estes equipos xa coñecidos, os sarriaos medirase por vez primeira co VGO Basket, Bosco Salesianos de Ourense, PBB de O Porriño, e Syngenta Seis do Nadal de Vigo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galicia executou en case o 94% os fondos Feader do Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013

Seguinte Nova

Sesións de iniciación ao rugby en centros educativos de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: