O club baloncesto Chantada mantén o sétimo posto na clasificación logo da décima xornada de liga EBA no grupo A-B. Cunha distancia de 4 puntos respecto ao líder, o Agustinos Leclerc, que suma 19, o CB Chantada é o segundo equipo galego mellor clasificado neste grupo por detrás do Baloncesto Narón, que acumula 12 puntos. En canto a xogadores, o chantadino Carlos Noguerol continúa entre os 15 primeiros anotadores do grupo, con 131 puntos en 9 partidos, e cunha media de 14,56. Este mes foi especialmente exitoso para o base chantadino, ao ser elixido MVP do grupo A-B da liga EBA logo da novena xornada.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
A Asociación Cosmética Galega (ACG) comeza o seu camiño co impulso de vinte e dúas empresas
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o