O PP de Monforte esixe máis seguridade vial

• O grupo municipal do Partido Popular de Monforte presentou unha moción ao vindeiro Pleno para instar ao Goberno local a que elabore un informe «detallado» sobre seguridade vial na cidade, co obxectivo de detectar deficiencias e riscos para conductores e peóns. Dende o PP monfortino demandan que, unha vez elaborado o informe, se proceda a corrixir as deficiencias detectadas «para mellorar e garantizar a seguridade vial na cidade».

Según explicou a portavoz do PP no Concello de Monforte, Julia Rodríguez, «temos recibido queixas de cidadáns preocupados pola seguridade vial». Rodríguez precisou que as queixas refírense a «ausencia de sinalización vertical e horizontal» ou a sinais deterioradas. A voceira popular tamén apuntou a que «hai queixas pola existencia de elementos na rúa que afectan á circulación e poñen en perigo a conductores e peóns».

Julia Rodríguez enumerou os puntos negros da seguridade vial de Monforte. Así, alertou da sinalización deficiente na Praza da Florida, a falta de indicacións viais claras na confluencia das rúas Abeledos, Manuel María e Saviñao, e a falta de pasos de peóns na Praza das Clarisas e nas marxes da Ponte Vella. Esta situación tamén se repite, según Rodríguez, na Praza Doutor Goyanes, ao carecer de paso de peóns coa Ponte Vella e entre a beirarrúa do Cantón co resto da praza.

Rodríguez tamén alertou sobre a orientación do alumeado exterior na baixada da Ponte Vella, «que deslumbra aos condutores pola noite xusto antes de facer o stop». Asimesmo, apuntou os riscos provocados polos restos dos bolardos arrancados na rúa do Caneiro, dende a entrada ao Club Fluvial.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta autorizará cursos online para fitosanitarios

Seguinte Nova

A Xunta reforza o parque móbil da policía de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: