• O IES Xograr Afonso de Sarria acolleu esta quincena varias sesións de iniciación ao rugby, a cargo do afamado adestrador Manuel Miranda, fundador do exitoso clube lucense Xabarín R.C., xa desaparecido, que chegou a competir en segunda división nacional. Logo desta visita, está previsto que se desenvolva unha actividade gratuíta de rugby ao longo do curso.
(Foto: Manuel Miranda dá instruccións ao alumnado do IES Xograr que participou na actividade).