XIII Certame de Cartas de Amor de Quiroga

• Ata o 29 de febreiro está aberto o prazo para presentar traballos ao XIII Certame de Cartas de Amor de Quiroga, organizado pola Área de Cultura do Concello de Quiroga.

Cada participante poderá enviar os traballos que desexe, referidos ao sentimento do amor, e escritos en galego ou en castelán. Os traballos non deberán superar os dous folios mecanografados por unha soa cara, e se acompañarán dunha plica, na que se incluirán o nome e apelidos do autor ou autora, dirección e teléfono. No exterior do sobre indicarase o título da carta e a categoría na que participa.

O certame inclúe unha categoría xuvenil ata 30 anos, e outra senior a partir de 31. A organización establece un primeiro premio consistente nun e-book, un segundo premio que será un lote de libros, e unha placa conmemorativa como terceiro premio. Os traballos poden entregarse persoalmente, ou ben por correo postal na Casa da Cultura ou na Oficina de Información Xuvenil de Quiroga.

Os gañadores serán contactados polo Concello, para comunicarlles a data da entrega dos premios. Os traballos premiados pasarán a ser propiedade do Concello de Quiroga, que poderá realizar unha publicación conxunta coas cartas galardoadas ao longo de varias edicións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Última etapa das Tardes de Teatro no Inverno en San Clodio

Seguinte Nova

Mostra colectiva de fotografía Mulleres da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

   
A %d blogueros les gusta esto: