
• Os afeccionados á interpretación teñen unha nova oportunidade en Sarria. A Aula de Teatro do Concello vén de abrir o prazo de matrícula, cun prezo de 64,50 euros. As sesións desenvolveranse os martes e xoves de 20 a 22 horas, baixo a dirección de Fernando Pedrido. As inscricións formalizaranse na OMIX ou no teléfono 982 535 000. •