A Xunta adxudica dúas novas parcelas no polígono industrial de Quiroga

Dúas das trece parcelas que a Xunta adxudicou este mes en superficies industriais de Lugo atópanse no polígono de Quiroga. Arquivo EC.
Dúas das trece parcelas que a Xunta adxudicou este mes en superficies industriais de Lugo atópanse no polígono de Quiroga. Arquivo EC.

• A Xunta de Galicia vén de adxudicar a mediados deste mes preto de 13.500 metros cadrados de solo industrial en superficies das provincias de Lugo e Ourense, con bonificacións do 50% sobre o seu prezo. Un total de 13 parcelas corresponden a polígonos lucenses, entre os que está o de Quiroga, e as outras dúas sitúanse na provincia de Ourense. O prezo total da adxudicación foi de 275.987,26 euros.

EN CINCO PARQUES INDUSTRIAIS DE LUGO E OURENSE

A superficie adxudicada no polígono de Quiroga é de 2.015 metros cadrados, distribuídos en dúas parcelas, cun prezo de adxudicación de 19.713,21 euros. O resto das adxudicacións en solo lucense corresponden aos parques industriais de Monterroso, con oito parcelas que suman 5.366 metros cadrados, e de Lourenzá, con 1.551,44 metros cadrados nunha única parcela.

En Ourense, adxudicouse unha parcela no parque industrial de Carballiño, con 3.173 metros cadrados, e no de Ribadavia outra parcela de 1.343,44 metros cadrados.

SISTEMA DE ADXUDICACIÓN

Según explicaron dende a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a adxudicación realízase directamente, xa que ditas parcelas quedaron vacantes no concurso de venda de solo bonificado convocado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en 2015, e dado que este organismo mantén as bonificacións na venda de solo nos parques da súa propiedade.

GRAN VOLUME DE ADXUDICACIÓNS DENDE 2015

Ata o momento, e grazas ás bonificacións no prezo do solo implantadas en 2015 para os parques empresariais do Instituto Galego da Vivenda e Solo e Xestur, a Xunta adxudicou máis de 514.000 metros cadrados de solo empresarial en 216 parcelas das catro provincias, o que supón unha superficie equivalente á venda no conxunto dos anos 2012, 2013 e 2014.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Láncara denuncia problemas de iluminación pública en dúas rúas principais de A Pobra de San Xiao

Seguinte Nova

Os orzamentos do Suplusa incluirán unha residencia e centro de día para Folgoso

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio