En marcha os preparativos da XXXIV Feira do Viño de Quiroga

A XXXIV Feira do Viño de Quiroga terá lugar na fin de semana do 26 ao 27 de marzo.  Arquivo EC.
A XXXIV Feira do Viño de Quiroga terá lugar na fin de semana do 26 ao 27 de marzo. Arquivo EC.

• En Quiroga xa están a preparar a XXXIV Feira do Viño, que se celebrará os días 26 e 27 de marzo. A mediados de xaneiro reuniuse a comisión organizadora, presidida polo alcalde, Julio Álvarez, na que se estableceron os grupos de traballo e o calendario do evento.

A comisión abriu o prazo de inscrición para os adegueiros ata o 29 de xaneiro. Os produtores interesados en participar deberán cumprir os requisitos fixados pola comisión, que establecen un mínimo de 200 botellas de viño branco e 250 de tinto para a feira. Ademais, a comisión determinou os parámetros de graduación e acidez para cada tipo de viño.

Unha vez remate o prazo de inscrición, a comisión recollerá as mostras para a súa comprobación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lugo, a terceira provincia en porcentaxe de chamadas ao Teléfono da Muller

Seguinte Nova

Manuel María, á beira do Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss