O Concello de Monforte sumarase ás reivindicacións da Plataforma en Defensa do Ferrocarril

O grupo municipal socialista no Concello de Monforte presentou unha moción ao Pleno na que, dada «a situación de marxinalidade na que se atopan os servizos ferroviarios na provincia de Lugo», manifestan o apoio deste Consistorio á Plataforma en Defensa do Ferrocarril. No texto, os socialistas de Monforte solicitan ao Ministerio de Fomento «uns servizos ferroviarios dignos» para a nosa provincia, e que se promova un plan integral provincial de transporte ferroviario que teña as conexións con outras vilas da provincia, como Sarria e Lugo, e mesmo coa cidade de Ourense, así como o tránsito ferroviario de vía estreita da Mariña.

Na moción, o grupo socialista no Concello de Monforte solitica a construción da Variante Ferroviaria de Monforte para suprimir os pasos a nivel da cidade, modernizar a Estación, tanto na rede de vías e andéns como a terminal de pasaxeiros, ademais de potenciar e modernizar a comunicación ferroviaria co Porto Seco. O grupo municipal socialista pide que se promova a chegada do AVE á nosa provincia, así como a construción dunha estación intermodal en Lugo dentro dun Plan Urbanístico para a zona da Estación. Esta formación insiste na necesidade de potenciar o transporte ferroviario de mercancías, especialmente coas terminais loxísticas. Por último, os socialistas de Monforte esixen que se restablezan as conexións con Madrid e Barcelona recentemente suprimidas.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Alcaldes do Camiño reuniranse para falar sobre as axudas á rehabilitación de vivendas

Seguinte Nova

O PP de Láncara denuncia problemas de iluminación pública en dúas rúas principais de A Pobra de San Xiao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: