•Un total de 16 deportistas do clube monfortino retomarán os campionatos o 6 de febrero no encontro internacional de Esposende, en Portugal
• O vindeiro 6 de febreiro, o club Neka retoma a competición, neste caso coa cita internacional que se celebrará na localidade portuguesa de Esposende.
Un total de 16 deportistas monfortinos participarán a nivel individual e parellas, e o clube terá ademais presenza na selección galega co trío junior de Álex Camba, Carlos Rey e José Roca. «Aínda que é a nosa primeira vez nesta proba, temos boas perspectivas», comenta José Mª Vega, adestrador do Neka. «A idea é que os rapaces e rapazas se vaian rodando para o Campionato e Open de España de dentro duns meses», suliña Vega. Antes das citas nacionais, que serán en abril e maio, os de Neka participarán no Campionato Galego a finais de febreiro. De aí que estean a realizar un intenso adestramento diario, imprescindible para afrontar esta importante axenda de competición.•
•O plantel de Neka na proba internacional de Esposende está composto por 16 deportistas. Na modalidade individual, competirán o día 6 de febreiro Karla Novo, Álex Taboada, Eva López, Laura Álvarez, Aitor Teijeiro, Lucía Roca, Manuel Antonio López, Marco García, Nerea Fernández, Carla Pardo, Daniel Areán, Carlos Fernández, Raúl Vázquez, Ana López e Marcos Salgado.
En adulto, o Neka estará representado por Meritxell Varela. Na modalide de parellas, participarán os dúos Karla Novo e Álex Taboada, Eva López e Marcos Salgado, Laura Álvarez e Daniel Areán, Lucía Roca e Aitor Teijeiro, Carla Pardo e Marco García, e Ana López con Carlos Fernández.
Ademais, o trío junior do club Neka, formado por Álex Camba, Carlos Rey e José Roca representará á selección galega na correspondente categoría.•