O PP de Láncara denuncia problemas de iluminación pública en dúas rúas principais de A Pobra de San Xiao

Situación do alumeado público dunha das rúas de A Pobra de San Xiao. (Foto cedida).
Situación do alumeado público dunha das rúas de A Pobra de San Xiao. (Foto cedida).

Os populares de Láncara afirman recibir «múltiples queixas» por parte da veciñanza debidas aos fallos do alumeado público nas rúas Concepción Arenal e Benigno Quiroga. Según o grupo municipal do PP neste concello, na rúa Concepción Arenal hai nove puntos de iluminación avariados, e na rúa Benigno Quiroga son 15 os focos que non funcionan. Dende o PP criticaron que o alcalde respondera a estas queixas dicindo que os fallos responden a unha «sabotaxe» que provocaría cortocircuítos, e piden unha solución. Os populares consideran «moi grave» esta situación, xa que afectaría a unha zona de gran tránsito, na que se sitúa o colexio público.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte sumarase ás reivindicacións da Plataforma en Defensa do Ferrocarril

Seguinte Nova

A Xunta adxudica dúas novas parcelas no polígono industrial de Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: