O PP descarta «polo de agora» un congreso local en Sarria

O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, José Manuel Balseiro, descartou a celebración dun Congreso local en Sarria «neste momento». Balseiro fixo este anuncio a mediados deste mes, e explicou que o PP local mantén «a súa total operatividade» na figura do seu Presidente asistido polo conxunto da Executiva, órganos de dirección local que manteñen «a súa plena vixencia e que traballan con total normalidade». Desde a dirección provincial confirmaron que a convocatoria dos congresos está definida nos estatutos do Partido Popular, que prioriza a celebración do congreso nacional, para logo proceder a convocar os congresos autonómicos, provinciais e, por último, locais.

Balseiro indicou tamén que «non existe razón» para a celebración dun Congreso local de carácter extraordinario en Sarria, e que o obxectivo principal do Partido Popular na vila xacobea «debe ser traballar para dar estabilidade ao Goberno municipal». Balseiro criticou que «os actuais mandatarios do Concello e a alcaldesa socialista no garanten dita estabilidade porque son un goberno débil», e que esta postura é «totalmente congruente» co sinalado polo presidente do PP de Sarria.

O secretario xeral dos populares lucenses insistiu na idea de buscar a estabilidade municipal. Balseiro indicou que os populares traballarán «tanto en clave local como nacional convencidos de que agora é o momento de contribuír á estabilidade», coa conformación de «gobernos fortes que permita traballar para impulsar as reformas que se estimen necesarias e por consolidar a incipiente recuperación económica».

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Piden que o Concello de Monforte habilite zonas de carga e descarga diante dos hoteis

Seguinte Nova

Chantada acolleu unha xornada de networking para o empresariado local

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss