Pantón, sede dunha xornada de emprendemento do proxecto Vía Galicia

•Na xornada presentáronse 40 proxectos desta aceleradora de emprendemento •Os 15 finalistas resultantes recibirán financiamento e apoio da Xunta

A xornada de presentación dos proxectos de Vía Galicia en Pantón contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o pasado 16 de xaneiro en Pantón. GPXG.
A xornada de presentación dos proxectos de Vía Galicia en Pantón contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o pasado 16 de xaneiro en Pantón. GPXG.

• O emprendemento e a innovacion déronse cita en Pantón o pasado 16 de xaneiro. O balneario de Augas Santas serviu de escenario para a presentación dos 40 proxectos seleccionados en Vía Galicia, a aceleradora de innovación empresarial impulsada pola Xunta e Zona Franca, co obxectivo de impulsar o emprego de calidade na nosa provincia.

EMPREGO DE CALIDADE «PARA FACER PAÍS»

O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde,e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Na súa intervención, Conde resaltou o potencial estratéxico destes 40 proxectos «de primeiro nivel», que xa remataran a fase de Academia en Vigo e Lugo, e que «teñen un gran potencial para converterse en negocios sólidos e competitivos, xerando empregos de calidade, mellorando a nosa capacidade innovadora e, en definitiva, facendo país».

ATA 75.000 EUROS DE FINANCIAMENTO

O conselleiro destacou o «esforzo que está a facer a Xunta e Zona Franca en Vía Galicia, contribuíndo a que Galicia teña «un dos ecosistemas emprendedores máis potentes de España, apoiando á vangarda do tecido empresarial galego do mañá». Conde lembrou que este ecosistema impulsou a creación de máis de 1.200 empresas na provincia de Lugo os últimos tres anos.

Dos 40 proxectos, foron 15 os seleccionados para pasar á derradeira fase deste proxecto. Estes 15 finalistas recibirán apoio institucional e financeiro, con ata 75.000 euros de capital a través da Axencia Galega de Innovación e de XesGalicia, ademais de infraestruturas para poñer en marcha a empresa, e asesoramento experto para desenvolver o seu plan de negocio e captar financiamento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Manuel María, á beira do Sil

Seguinte Nova

Volve o teatro a Monforte na Rede Galega de Teatros e Auditorios

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss