Premio ao Outono Gastronómico como mellor programa nacional de turismo activo en enogastronomía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu a acreditación deste premio o pasado 24 de xaneiro en Fitur. GPXG.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recolleu a acreditación deste premio o pasado 24 de xaneiro en Fitur. GPXG.

• O programa Outono Gastronómico, impulsado por Turismo de Galicia, recibiu o premio ao mellor produto de turismo activo que convoca anualmente a Feira Internacional de Turismo (Fitur) e a Revista Aire Libre.

Este galardón nacional na modalidade de enogastronomía, foi concedido por un xurado de profesionais do turismo, medios de comunicación, representantes do sector turístico e lectores da revista Aire Libre. O xurado destacou que, «grazas a acertada combinación dos deliciosos pratos da gastronomía galega e a estancia en acolledoras casas rurais, o programa permite a prezos moi competitivos gozar da beleza do outono galego en todo o seu esplendor».

DEZ CASAS RURAIS DO SUR DE LUGO

O programa Outono Gastronómico 2015, que acadou a súa novena edición, desenvolveuse dende o 11 de setembro ata o 13 de decembro. Dos 89 establecementos de turismo rural que participaron nesta última edición, 22 pertencen á provincia de Lugo. Na zona sur lucense, presentaron os seus menús especiais de outono aos visitantes aloxados dentro deste programa un total de 11 establecementos: Casa de Láncara, Casa Caxigueiro de Sarria, Casa do Romualdo en Taboada, as chantadinas Casa do Portomeñe e Pazo do Piñeiro, a Casa Caselo de Folgoso, Rectoral de Castillón en Pantón, Casa Grande da Ferrería de Rugando en Quiroga, e as soberinas Casa Grande de Rosende e Rectoral de Anllo.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada acolleu unha xornada de networking para o empresariado local

Seguinte Nova

Peruchela leva o Entroido en imaxes ao Círculo Saviñao

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss