•A mediados de xaneiro, o Concello de Sober deu a coñecer o nome dos premiados no X Certame de Beléns Nadal 2015. Na modalidade de grupos, o primeiro premio levouno o belén da parroquia de Canabal. O segundo premio correspondeu á Residencia da Terceira Idade Nosa Señora do Carme, e o terceiro á parroquia de Vilaescura. O PAI de Sober recibiu o premio á participación.
Na modalidade individual de adultos, o primeiro premio correspondeu ao belén presentado por Pilar Pérez Cuerva, o segundo foi para Gloria Álvarez Eireos, e o terceiro para Lucía Vidal Pérez. Na modalidade individual infantil, quedaron primeiros Uxía e Herbert Trail Bates, e de segundos Iago e Alba Varela Losada.
Todos os premiados recibiron un diploma e unha peza de olería de Gundivós como agasallo. •