UGT-Lemos denuncia a alta precariedade nos contratos

• O sindicato UGT-Lemos comezou o ano alertando da alta precariedade que se percibe na contratación. O secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, interpretou «con preocupación» os datos de decembro de 2015 para as comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

SUBE A PRECARIEDADE E BAIXA A CONTRATACIÓN

No conxunto da zona, o 94,25% dos contratos que se firmaron no último mes do ano pasado foron temporais, deixando un escaso marxe para a estabilidade, con tan só un 5,75% de contratos fixos.Ademais, o sindicato alertou sobre a caída na contratación, cun 15,38% de contratos menos que no mes de novembro.

O SECTOR SERVIZOS CONCENTRA O EMPREGO DE NOVA CREACIÓN

UGT-Lemos tamén precisou que o 84% dos novos contratos de decembro corresponderon ao sector servizos, o que deixa o restante 16% a repartir entre industria, construcción e agricultura, en orde descendente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os orzamentos do Suplusa incluirán unha residencia e centro de día para Folgoso

Seguinte Nova

A Deputación pon en marcha a Bolsa de Emprego e o Servizo de Guía Laboral

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: